CEDEIRA ACOLLERÁ O SÁBADO 11 DE XULLO O CAMPIONATO GALEGO DE TRÍATLON DE CATEGORÍAS MENORES

9 de Xullo de 2015

O Campionato Galego de Tríatlon de Categorías Menores celebrarase o sábado 11 de xullo (a partir das 12:30 horas) na localidade de Cedeira coa participación de 217 deportistas (41 benxamíns, 74  alevíns, 55 infantís e 47 cadetes). Ademais, ao día seguinte terá lugar o I Tríatlon Popular de Cedeira.

 

Será unha fin de semana adicada ao tríatlon nesta fermosa localidade. Comezaremos o sábado coa celebración do Galego de Tríatlon de Categorías Menores. A saída, transición e meta estarán ubicadas na Praia da Magdalena e haberá premios para os tres primeiros clasificados de cada categoría. As distancias serán diferentes dependendo da categoría: Benxamín (100 metros natación – 2 quilómetros en bicicleta – 500 metros de carreira a pe); alevín (200 m. – 4 qm. – 1 qm.);  infantil (400 m. – 8 qm. – 2 qm.) e cadete (750 m. -10 qm. – 2,5 qm.).

 

O domingo celebrarase a primeira edición do Tríatlon Popular de Cedeira, no que hai inscritos 200 deportistas. As distancias para esta proba serán de 750 metros de natación, 20 quilómetros de ciclismo e 5 de carreira a pe.

 

 

 

 

 

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...