Challenge de Riccione, La Nucía e Tri Xilxes

cidade de lugo fluvial feminina

11 de Maio de 2021

Fin de semana activa para os duatletas e triatletas galegos. 💪💪💪

A segunda posición de Pablo Dapena no Challenge de Riccione despóis dunha bonita batalla en carreira co gañador final da proba, o austríaco Thomas Steger, o Campionato de España de Duatlon Supersprint en “La Nucía, Cidade do deporte” e o Tri Xilxes, foron as probas esta fin de semana.

No Campionato de España de Dúatlon Supersprint, o equipo masculino do Cidade de Lugo Fluvial, conseguíu a vitoria na proba Supersprint por Clubs e 2×2. Tamén participaron o Tríatlon InforHouse, Tríatlon Ferrol, Club Olímpico de Vedra, Tri-Penta Terras de Lugo, Tríatlon Arteixo e Club Tríatlon Compostela. 

Na categoría feminina o equipo do Cidade de Lugo Fluvial acadou o segundo posto na clasificación por puntos da 1ª División Feminina, onde tamén participaron o Náutico de Narón, o Tríatlon InforHouse de Santiago e o Tri-Penta Terras de Lugo.  Ademáis, o Clube Olímpico de Vedra tamén participou na proba da 2ª División Feminina.

En canto o Tri Xilxes tivemos representación galega con Cristóbal Dios do Tri-Penta Terras de Lugo que acadou a quinta posición nunha proba cun nivel de participación moi esixente.

cristobal dios

Pouco a pouco voltando a normalidade.

 

 

Quizáis che interese…