[ACTUALIZADO O 15 DE FEBREIRO]
Hoxe en día hai numerosos profesionais e unha gran cantidade de información arredor da práctica do tríatlon non xa só a nivel de adestramento, senón todo aquelo que non se considera adestramento per se, pero que é fundamental para acadar mellor resultados deportivos.
Polo tanto, un maior e mellor coñecemento sobre nutrición, fisioloxía, biomecánica, fisioterapia ou psicoloxía deportiva poden facer a diferenza e incluso atopar a chave de un posible estancamento na progresión deportiva dun o dunha triatleta. Ademáis, o aumento das féminas no noso deporte obrígannos dun xeito moral a ofrecer charlas dirixidas ao rendemento durante o período de menstruación.
As charlas de especialización deportiva que a Federación Galega de Tríatlon e Pentatlon Moderno está organizando, van dirixidas a todos os/as triatletas federados/as que queiran participar nelas.
Cómpre engadir, que haberá un ciclo de charlas dirixido específicamente as triatletas, pero non por elo excluínte para os triatletas que teñan interese.
OBXETIVOS
. Ofrecer un servizo práctico e de calidade aos nosos/as triatletas federados/as.
. Concienciar aos nosos e nosas deportistas que non só a práctica de tríatlon e importante para a súa saúde.
. Aumentar a sensibilización ante a importancia da saúde mental, e animar aos nosos deportistas a acudir aos profesionais se o precisaran.
. Poñer en valor os profesionais galegos tan válidos que temos na nosa contorna.
. Crear un espazo de colaboración e diálogo participativo, onde os deportistas poidan interactuar entre eles e cos relatores.
As diferentes charlas falarán sobre: nutrición, fisioloxía do adestramento, biomecánica, fisioterapia e psicoloxía deportiva. A duración de cada charla será de 45 min co 20 min de preguntas, de xeito online. Ademáis, temos un ciclo de charlas específico para o adestramento da muller, no que o bloque estará subdividido en distintas charlas sobre: nutrición, fisioloxía e psicoloxía deportiva.
Durante os próximos días daremos máis información sobre os/as ponentes das diferentes charlas que comezarán nos próximos meses.
Loxística das charlas
As charlas serán en venres de 20:00 a 21:00.
2 días antes do evento enviarase a ligazón de ZOOM da charla aos diferentes clubs, para que estes o poidan difundir entre os seus deportistas, e tamén a triatletas independientes. Os interesados/as terán que entrar na ligazón á hora acordada, ata cubrir o límite de usuarios na aplicación ZOOM.
- Venres 11 de Febreiro de 2022 de 20:00 a 21:00. Charla sobre achegamento ás lesións do/a triatleta e a súa prevención. Ponente Miguel Sánchez – Andrade Expósito.
- Venres 25 de Febreiro de 2022 de 20:00 a 21:00. Charla sobre nutrición deportiva. ¿Adestras a túa nutrición para afrontar distancias longas?. Ponente Esther Rodríguez.
- Venres 11 de Marzo de 2022 de 20:00 a 21:00. Recupera a motivación despois de ter un fillo/a. Ponente Jorge Carril Calvo.
- Venres 25 de Marzo de 2022 de 20:00 a 21:00. Charla sobre a Volta ao exercicio tras a Covid19. Ponente Irina Zelenkova.
- Venres 8 de Abril de 2022 de 20:00 a 21:00. Xestión psicolóxica antes e durante a competición. Ponente Jorge Carril Calvo.
- Venres 22 de Abril de 2022 de 20:00 a 21:00. Aliméntate de forma axeitada para render nas distintas fases do ciclo menstrual. Ponente Lucía Vázquez Crespo.
- Venres 13 de Maio de 2022 de 20:00 a 21:00. ¿Cómo adestrar durante as distintas fases do ciclo menstrual?. Ponente Carmen Crespo Coco.
- Venres 27 de Maio de 2022 de 20:00 a 21:00. Medidas de recuperación tras o adestramento e a competición. Ponente José Miota.
- Venres 10 de Xuño de 2022 de 20:00 a 21:00. Adestra a túa mente para longa distancia. Ponente Iago Roel.
- Venres 24 de Xuño de 2022 de 20:00 a 21:00. A importancia dos detalles técnicos no ciclismo. Ponente Jaime Menéndez de Luarca.
- Venres 16 de Setembro de 2022 de 20:00 a 21:00. Adestramento en hipoxia. Ponente Guillermo Olcina.
- Venres 7 de Outubro de 2022 de 20:00 a 21:00. Aclimatación á calor. Ponente Álvaro Rancé.
- Venres 11 de Novembro de 2022 de 20:00 a 21:00. Adestramento de distancia supersprint. Ponente Jonathan Cancela.
- Venres 16 de Decembro de 2022 de 20:00 a 21:00. Modelos de planificación adaptados a diferentes situacións competitivas en triatletas. Ponente Carlos Prieto.