Cidade de Lugo Fluvial, bronce no Campionato de Europa de Clubs elite e ouro na categoría júnior

23 de Xullo de 2017

O Cidade de Lugo Fluvial fixo dobrete  hoxe no Campionato de Europa de Tríatlon por clubs, ao lograr a medalla de ouro na categoría cadete e o bronce, en elite.

Esta proba formaba parte da programación de probas da fin de semana de Banyoles, coa celebración dos Campionatos de España de Tríatlon Sprint e de Acuatlón.

Así, o Europeo foi a primeira proba do día e coa participación do Cidade de Lugo Fluvial, tanto na proba elite coma en júnior. A competición é unha proba por relevos mixtos (250 metros de natación, 6,6 quilómetros de bicicleta e 1,8 de carreira a pe, para cada integrante do equipo) e o Cidade participaba con Lucía Vergara, o galego Pablo Dapena, Cecilia Santamaría e Antonio Benito na categoría elite. En total participaban 21 equipos, dos cales tres eran españoles (Cidade, Diablillos de Rivas e Tríatlon Clavería). Foi unha dura pugna co Poissy francés (con Natalie Van Coevorden ou Aurelien Raphael) e o Sport Lisboa e Benfica portugués (Con Vanessa Fernandes e Joao Pereira). Finalmente o triunfo foi para o Benfica (1:23:48), mentres que os franceses foron prata (1:23:55) e o Cidade de Lugo Fluvial, bronce (1:24:18).

 

Na categoría júnior, o club lucense saíu con María Rico, Javier LLuch, Sharon García e Romaric Forqués, para lograr o ouro dunha forma contundente cun tempo de 1:28:41.

Quizáis che interese…