CIDADE DE LUGO FLUVIAL, CAMPIÓN DA LIGA NACIONAL DE CLUBS MASCULINA E FEMININA

14 de Outubro de 2016

Unha vez máis os clubs galegos volveron amosar a súa supremacía no tríatlon español. O Cidade de Lugo Fluvial fixo dobrete na Liga Nacional de Clubs, ao acadar o primeiro posto, tanto na categoría masculina coma feminina. E non foi o único club que logrou un posto no podio desta Liga que agrupa os resultados de seis importantes citas da tempada a nivel de clubs. O Arcade Inforhouse acadou a segunda posición na Liga masculina, mentres que o Tríatlon Ferrol foi terceiro na Liga feminina.

14680627_1591704354189318_4305745828188168764_n

Podio feminino en Pulpí. Foto: Fetri

A Liga Nacional de Clubs finalizou o pasado sábado coa celebración da sexta xornada en Pulpí: A proba nacional de tríatlon por parellas. O Cidade de Lugo Fluvial xa encabezaba a tabla clasificatoria trala disputa das cinco primeiras xornadas da Liga (Campionato de España Sprint, Copa do Rei, Campionato de España de Tríatlon por Relevos, Campionato de España de Tríatlon, Campìonato de España de Tríatlon por Clubs), pero faltaba pechalo cunha boa actuación. Ademais o Arcade era segundo e o Tríatlon Ferrol aínda tiña opcións de subir ao podio (ocupaba a cuarta posición a falta dunha proba).

E os resultados en Pulpí non fixeron senón confirmar o bo momento dos clubs galegos. Na categoría masculina, triunfo do Cidade de Lugo Fluvial, mentres que a segunda posición foi para o Arcade Inforhouse e o terceiro posto para o Diablillos de Rivas, precisamente a orde da clasificación provisional ata esa proba da Liga de Clubs.

Así, se confirmou o triunfo do Cidade de Lugo Fluvial na Liga de Clubs con 166 puntos, a segunda posición foi para o Arcade Inforhouse (154) e o bronce para o Diablillos de Rivas (152).

Na proba feminina de Pulpí, o triunfo foi para o Tríatlon Ferrol, mentres que a segunda posición foi para o Cidade de Lugo Fluvial e o bronce para o Diablillos de Rivas. Con este triunfo, o Tríatlon Ferrol logrou subirse ao podio da Liga de clubs, que quedou formado polo Cidade de Lugo Fluvial (155 puntos), Diablillos de Rivas na segunda posición (150 puntos) e o bronce para Tríatlon Ferrol (148).

 

*A día de hoxe (14 de outubro) a FETRI aínda non publicou os resultados oficiais da Liga Nacional de Clubs.

 

 

Quizáis che interese…

Montreal

Montreal

Montreal acolle unha nova cita das Series Mundiais e o Campionato do Mundo Junior de Tríatlon....