CIDADE DE LUGO FLUVIAL, CAMPIÓN GALEGO DE TRÍATLON DE CATEGORÍAS MENORES

21 de Xullo de 2014

O Cidade de Lugo Fluvial logrou hoxe en Viveiro o título de campión galego de Tríatlon de Categorías Menores. A entidade lucense logrou o triunfo na clasificación de clubs, nunha proba na que participaron un total de 218 deportistas (38 benxamíns, 66 alevíns, 54 infantís e 60 cadetes), unha cifra récord para este torneo.

No campionato das categorías inferiores hai clasificación individual e de clubs, e para esta última súmanse os resultados de todas as categorías. Desta forma, por detrás do Cidade de Lugo, hai que sinalar a segunda posición do Tríatlon Ferrol e a terceira, do A.D. Fogar.

O Campionato Galego de Tríatlon de Menores celebrouse en Viveiro cunha participación moi destacada, de máis de 200 deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete. As distancias son diferentes, dependendo da categoría: Benxamín (100 metros natación – 2 quilómetros en bicicleta – 500 metros de carreira a pe); alevín (200 m. – 4 qm. – 1 qm.);  infantil (300 m. – 8 qm. – 2 qm.) e cadete (500 m. -10 qm. – 3 qm.).

Hai que destacar que houbo problemas no desenvolvemento do campionato por desaxustes na organización, que provocaron retrasos no inicio de algunhas das probas.

O resto dos gañadores son:

 

Campionato Galego de Tríatlon de Menores

Benxamín 1ª: Claudia Gámez(Tri-Penta Terras de Lugo) 1º: Alejandro Rodríguez(Tríatlon Ferrol)
2ª: Ainhoa Corral(Tri-Penta Terras de Lugo) 2º: Iago Otero(Dexter Compostela)
3ª: Mercedes Vila(Tri-Penta Terras de Lugo) 3º: Hugo Sanlés(Natación Riveira)
Alevín 1ª: Henar Cons(Motobike Pontevedra) 1º: Esteban Basanta(Cidade de Lugo Fluvial)
2ª: Elsa Pena(Atletismo Porriño) 2º: Rubén Lombao(Cidade de Lugo Fluvial)
3ª: Catarina Pereira(Cidade de Lugo Fluvial) 3º: Martiño Iglesias(Dexter Compostela)
Infantil 1ª: Raquel Ruíz(Tríatlon Ferrol) 1º: Jorge González(Natación Riveira)
2ª: Salomé Calviño(A.D. Fogar) 2º: Arturo Ramos(Dexter Compostela)
3ª: Isabel Rodríguez(Cidade de Lugo Fluvial) 3º: Daniel Ríos(Tríatlon Ferrol)
Cadete 1ª: Carmen Gómez(Tríatlon Ferrol) 1º: Andrés Cendán(Dexter Compostela)
2ª: Inés Santiago(Tríatlon Ferrol) 2º: Marcos Ruíz(Tríatlon Ferrol)
3ª: Inés Castaño(Arcade Inforhouse) 3º: Carlos Brión(Natación Riveira)

 

 

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...