Cidade de Lugo Fluvial e Náutico de Narón, podio na Liga Nacional de Clubes

26 de Xullo de 2023

  • O Cidade de Lugo Fluvial venceu na Liga Nacional Masculina de Clubes de Triatlón e na Liga Iberdrola Feminina.
  • O Náutico de Narón proclamouse subcampión da Liga Iberdrola Feminina.

O sábado, 22 de xullo, celebrouse a última proba da Liga Nacional de Clubes. Tras Mérida e Roquetas de Mar, Banyoles acolleu as últimas dúas probas que decidirían que equipo sería o campión.

Pola mañá foi a quenda do Campeonato de España de Triatlón por Clubes no que participaban un máximo de 10 triatletas de cada equipo.

Na clasificación individual masculina o triunfo foi para David Cantero do Universidade de Alicante, seguido de Alberto González do Tríatlon Inforhouse Santiago e de Guillem Montiel do Cidade de Lugo Fluvial. Os galegos mellor posicionados foron Esteban Basanta (Cidade de Lugo Fluvial) 11º, Andrés Cendán (Cidade de Lugo Fluvial) 14º e Denis Incutti  (A.D. Náutico de Narñon) 17º.
Tras a suma de puntos da clasificación individual, o equipo vencedor no Campionato de España de Tríatlon por Clubes foi o Cidade de Lugo Fluvial, seguido do Peñota Dental Alusigma  e do Club Tríatlon Diablillos de Rivas.
O Tríatlon Inforhouse Santiago foi 5º, o A.D. Náutico de Narón 10º e o Tríatlon Ferrol 12º.

Na clasificación individual feminina o primeiro posto foi para a triatleta do Cidade de Lugo Fluvial, María Casals, seguida de Zuzana Michalickova (Club Triatlon Diablillos de Rivas) e Cecilia Santamaría (Cidade de Lugo Fluvial).
As galegas Sara Guerrero (A.D. Náutico de Narón) e Natalia Castro (Cidade de Lugo Fluvial) realizaron una gran competición rematando 4ª e 5ª, respectivamente, dando un gran número de puntos aos seus clubes.
O club vencedor da proba foi o Club Tríatlon Diablillos de Rivas, seguido do Cidade de Lugo Fluvial e do A.D. Náutico de Narón. O Tríatlon Inforhouse Santiago foi 9º.

Na Terceira División, o Club Tríatlon Compostela rematou no 4º posto, mentres que o A.D. Fogar foi 10º con Andrés Prieto gañando a proba individual.

Pola tarde foi a quenda do Campionato de España de Tríatlon de Remudas Mixtas, unha proba decisiva para coñecer que clube levaríase o título de campión.
O Cidade de Lugo Fluvial con Esteban Basanta, Natalia Castro, Nacho Gálvez e María Casals, foi o equipo gañador nun final moi axustado no que o Triatlon Diablillos de Rivas chegou a tan só 5 segundos do equipo galego. O terceiro posto foi para o Peñota Dental Alusigma.
A.D. Nautico de Narón foi 5º, o Tríatlon Inforhouse Santiago 10º e o Tríatlon Ferrol 12º.

Finalmente, tras as 7 xornadas que se celebraron en Mérida, Roquetas de Mar e Banyoles, o Cidade de Lugo Fluvial proclamouse campión da Liga Iberdrola Feminina e a Liga Nacional Masculina de Clubes de Tríatlon.
Na Liga Iberdrola Feminina, o Náutico de Narón ocupou a segunda posición e o Diablillos de Rivas a terceira. O Tríatlon Inforhouse Santiago foi 10º.

Na Liga de Primeira División Masculina, segunda posición para o Peñota Dental Alusigma e terceira para Diablillos de Rivas VAS Cycling Boutique.
O Tríatlon Inforhouse Santiago remtou 5º, o A.D. Náutico de Narón 9º e o Tríatlon Ferrol 13º, descendiendo a 2º División.

O Club Tríatlon Compostela, que competía na Terceira División, formará parte da Segunda División o ano que vén tras conseguir o ascenso. Parabéns!

 

Resultados completos Campionato de España de Tríatlon por Clubes. 

Resultados completos Campionato de España de Tríatlon de Relevos Mixtos. 

 

Quizáis che interese…