O equipo Youth da selección española formado por Lucas García, Cristina Jiménez-Orta, Héctor Tolsa e Lucía Piñón logrou o pasado sábado, 22 de xullo, en Banyoles unha meritoria terceira posición no Campionato de Europa Youth de Remudas Mixtas.
A victoria foi para Francia, seguida de Hungría e España.
Dous dos catro compoñentes do equipo español, que conseguiu esa medalla internacional, son galegos o que demostra o gran nivel que hai en Galicia e o traballo que estase a facer dende os clubes e o Centro Galego de Tecnificación Deportiva onde adestran Lucas e Lucía.
O día anterior celebrouse o Campionato de Europa Youth composto por dúas semifinais e unha final.
O galego, Lucas García, logrou entrar na final europea para rematar nunha gran 15ª posición.
A vitoria foi para o francés Tristan Douche, seguido de Milan Lariviere e do belga Jens Smolders.
Na proba feminina participaban as galegas Irea Alen, Lucía Piñón e Marta Novo.
Lucía Piñón e Marta Novo entraron na final das 30 triatletas clasificadas. Ambas realizaron grandes carreiras, rematando 20ª e 28ª, respectivamente,
O triunfo foi para a húngara Fanni Szalai, seguida das francesas Ambre Grasset e Léa Houart.
Parabéns!
Resultados Campionato de Europa Youth.