Galicia acadou un total de cinco ouros e unha prata no Campionato Escolar de Biatlón, que se celebrou en Soria.
Mireia Vázquez proclamouse campioa de España en prebenxamín; mentres que Claudia Gámez logrou o título na categoría alevín, onde Ainhoa Corral foi medalla de prata.
En infantil, ouro para Raquel Cando, mentres que en cadete dobrete para Galicia: Martín Cando e Andrea Vidal lograron o título de campións de España.