Cristóbal Dios e Silvia Deira, campións do Aviamán 2016

12 de Xuño de 2016

Cristóbal Dios (Tri-Penta Terras de Lugo) e Silvia Deira (Arcade Inforhouse) proclamáronse hoxe campións do Aviamán 2016.

 

Na categoría masculina o podio estivo formado por Cristóbal Dios (3:26:16), Enrique Morán (Atletismo Porriño) cun tempo de 3:30:33 e Diego Pérez (Trinorth), que chegou a meta cun tempo de 3:38:26. Cristóbal fixo un moi bo tempo na natación e aí comezou a súa vitoria, que despois consolidou nos dous sectores finais.

Na feminina, a vencedora foi Silvia Deira, que tras facer unha mala natación, brillou con luz propia na bicicleta, onde deixou a proba definida. O tempo de Silvia foi de 4:10:05. A segunda posición foi para Blanca Labandeira (Mar de Vigo) cun tempo da 4:34:59 e o bronce para Nerez Castro (Tríatlon Poio) cun tempo de 4:37:55.

Resultados provisionais

Quizáis che interese…