CLAUDIA RIVAS E CRISANTO GRAJALES, CAMPIÓNS DO TRÍATLON DO MIÑO-LUGO PATRIMONIO

24 de Xullo de 2016

Dominio absoluto dos triatletas mexicanos no XXVIII Tríatlon do Miño–Lugo Patrimonio, que se celebrou hoxe coa participación de 240 deportistas nas diferentes probas organizadas. Claudia Rivas (Cidade de Lugo Fluvial) e Crisanto Grajales (Cidade de Lugo Fluvial) proclamáronse campións desta nova edición do Tríatlon do Miño, proba incluída no circuíto galego e clasificatoria para o Campionato Galego.

IMG-20160724-WA0012Na proba feminina a mexicana Claudia Rivas mostrouse moi superior dende o primeiro segmento, liderando as tres especialidades e chegando a  meta cun tempo final de 01:05:33 e case 3 minutos e medio de vantaxe sobre a segunda clasificada, tamén compatriota súa, Cecilia Gabriela Pérez Flores (Cidade de Lugo Fluvial), que tamén estivo sempre na segunda posición, sen ninguén que puidera poñer en perigo a súa posición. O bronce foi para Esther Rodríguez (Cidade de Lugo Fluvial) cun tempo de 01:13:17.

IMG-20160724-WA0010Na categoría masculina seguiuse o guión previsto, con Crisanto Grajales e Vicente Hernández coma grandes favoritos. Na auga Crisanto perdeu uns segundos,  pero foi quen de recuperar moi pronto na bicicleta, na que se formou un grupo cabeceiro con varios dos deportistas que tiñan opcións de loitar polo podio (Crisanto Grajales, Vícente Rodríguez, Irving Adrián Pérez, Andrés Cendán, Diego Paz..), que foi perdendo algunhas unidades a medida que pasaban os quilómetros. Así, chegaron á T2 en cabeza Crisanto, Vicente e Irving e foi na carreira a pe onde Crisanto foi intratable e marcou un ritmo altísimo que o levou cara á vitoria cun tempo final de 56:27. A segunda posición foi para Vicente Hernández (que ocupará nos Xogos o posto que deixou vacante por lesión Javi Gómez Noya) a 29 segundos e terceiro posto para Irving Adrián Pérez (57:36).

Os gañadores noutras categorías foron:

  • Cadete: Salomé Calviño (A.D. Fogar) e Antonio Souto (Cidade de Lugo Fluvial).
  • Júnior: Andrés Cendán (Cidade de Lugo Fluvial).
  • Sub 23: Balbina Tarrío (Tríatlon Arteixo) e Alejandro Álvarez (Cidade de Lugo Fluvial).
  • Veterán 1: Aída García López (Olímpico de Vedra) e José Sanles (Natación Riveira).
  • Veterán 2: Andrés López (Tríatlon Vilagarcía).
  • Clubs: Cidade de Lugo Fluvial (feminino e masculino).

O Tríatlon do Miño disputouse sobre a distancia sprint (750 metros de natación, 20 quilómetros de bicicleta e 5 quilómetros de carreira a pe), con saída e primeira transición na área creativa Los Robles, mentres que a segunda transición e a meta estiveron ubicadas na Praza Maior de Lugo.

Ademais, da proba federada, tamén tiveron lugar unha popular (distancia sprint) con máis de 40 participantes, así como un Nada e Corre non competitivo para as categorías benxamín, alevín e infantil.

No adxunto, tedes as clasificacións.

XXVIII TRÍATLON DO MIÑO-LUGO PATRIMONIO

 

 

 

 

Quizáis che interese…