O vindeiro sábado, 27 de Decembro celebrarase unha proba de Péntatlon Moderno e unha proba de “Nada e Corre”, na cidade da Coruña, nas instalacións do Club del Mar de San Amaro.
Aproveitamos para facer, ademais da proba para os pentatletas, unha proba do “Nada e Corre” para os deportistas locais (así teñen a posibilidade de coñecer de máis preto o Péntatlon).
A competición consistirá en realizar durante a mañá as probas de natación e combinada e pola tarde farese a esgrima (entre a natación e a combinada do Péntatlon desenrolarase a natación do “Nada e Corre”.
Péntatlon Moderno:
Benxamín: anos 2005/2006, Natación 50m., Combinada 2 . 400m; 2 . 3 blancos
Alevín: anos 2003/2004, Natación 50m., Combinada 1 . 800m + 1 . 400m; 2 . 4 blancos
Infantil: anos 2001/2002, Natación 100m., Combinada 2 . 800m; 2 . 5 blancos
Cadete: anos 1999/2000, Natación 200m., Combinada 3 . 800m; 3 . 5 blancos
Xuvenil: anos 1997/1998, Natación 200m., Combinada 4 . 800m; 4 . 5 blancos
Absolutos: anos 1996 e anteriores, Natación 200m., Combinada 4 . 800m; 4 . 5 blancos
Cada tirada de calquer categoría en 50´´ (máximo)
Haberá medallas para os tres primeros e primeras de cada categoría.
Durante a tarde do 27, ás 16:30 horas comezará a esgrima: benxamín e alevín -espadas plástico. Resto de categorías con espada de metal (a categoría infantil escolle en cal compite, segundo destreza e capacidade).
*Inscrición:
O último día para inscribirse será o día 23 de Decembro ás 20:00 horas (enviar por correo electrónico fegatri@hotmail.com – ou fax 982 109 800 : nome e apelidos, data de nacemento, categoría, nome club).
*Todos os/as deportistas deben estar en posesión de licenza federativa de Tríatlon ou de Péntatlon.