O DÍA 27 DE DECEMBRO CELEBRARASE O PRIMEIRO TROFEO NADAL DE PÉNTATLON MODERNO DA CORUÑA

23 de Decembro de 2014

O vindeiro 27 de decembro celebrarse a primeira edición do Trofeo Nadal de Péntatlon Moderno da cidade da Coruña.

Hoxe tivo lugar o acto de presentación do torneo coa participación de Francisco Villanueva González (directivo da FEGATRI e responsable de Péntatlon Moderno), Ruth Ballesteros Canel (técnica) e Manuel Lugrís Rodríguez (presidente do Club do Mar de San Amaro). No devandito acto explicouse que é a primeira edición deste torneo e ademais a primeira proba de péntatlon moderno que se celebrará na cidade herculina.

No trofeo participarán deportistas de Galicia, Asturias, Cantabria e a selección do norte de Portugal. Entre as figuras más salientables estarán o actual campión de España absoluto, o galego Cristóbal Rodríguez Fidalgo; a campioa de Europa cadete, a tamén galega Aroa Freije; a medallista de ouro nos Xogos Olímpicos da Xuventude deste ano, a portuguesa, María Migueis; o campión xuvenil portugués Daniel Lopes.

A proba comezará ás 9 da mañá coas series de natación en todas as categorías (dende benxamín a absoluta) nas instalacións do Club do Mar, para a continuación celebrarse a combinada (carreira e tiro). Pola tarde, disputarase a especialidade de esgrima. Ademais, tamén se celebrará unha proba de Nada e Corre para deportistas locais.

Quizáis che interese…

BO NADAL!

BO NADAL!

A Federación Galega de Tríatlon quere desexarvos unhas felices festas e  un próspero...