Lugo 2 de setembro de 2019
No día de onte , 1 de setembro de 2019, durante o transcurso do Tríatlon da Amizade, celebrado entre as vilas de Tomiño e Vilanova da Cerveira , organizado conxuntamente pola Federação de Triatlo de Portugal, a Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno e co apoio de Pedal´Arte.
No transcurso do segmento de natación un dos deportistas participantes e de nacionalidade portuguesa sufriu un percance que propiciou a súa desaparición, pese aos intentos de axuda das embarcacións que daban apoio á proba. Tras o suceso a actividade competitiva quedou suspendida.
Rápidamente se estableceu un amplio dispositivo de búsqueda con medios dos dous lados da raia. As labouras de búsqueda tiveronse que suspender pola chegada da noite e dende hoxe á primeira hora da mañá vironse reanudadas.