O CAMPIONATO GALEGO DE ACUATLÓN CHEGA A POIO

3 de Setembro de 2019

O municipio pontevedrés de Poio acollerá o vindeiro domingo día 8 o Campionato Galego de Acuatlón.

No día de hoxe a Casa Consistorial de Poio acolliu a presentación da proba á que asistiu por parte do Concello, a concelleira de deportes, Marga Caldas. Por parte do clube organizador Tino Meis do Club Ciclista Tríatlon Poio. O xefe do servizo provincial de deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides, e por parte da Fegatri o delegado para a provincia de Pontevedra, Quique Hernández.

A competición disputarase ao longo da mañá do domingo e designará aos campións e campionas galegos tanto en categorías escolares como absolutas. O centro neuralxico do Campionato Galego de Acuatlón será na praza da Chousa en Combarro.

Sen dúbida o acuatlón de Poio é unha proba única, que ofrecelle a oportunidade aos deportistas de competir nun dos pobos máis icónicos da xeografía galega, combinando un esixente circuito cun bonito enclave.

Quizáis che interese…

Plan Corresponsables 2024

Plan Corresponsables 2024

Actuación financiada pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deporte, a través da Secretaría...