COMUNICADO FEGATRI – INFORMACIÓN COVID-19 SUSPENSIÓN EVENTOS- (13/03/2020)

COMUNICADO FEGATRI – INFORMACIÓN COVID-19 SUSPENSIÓN EVENTOS- (13/03/2020)

13/03/2020
COMUNICADO FEGATRI – INFORMACIÓN COVID-19 SUSPENSIÓN EVENTOS- (13/03/2020)

COMUNICADO DA FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON E PENTATLON MODERNO (13/03/2020)

SUSPENSIÓN CAUTELAR DA ACTIVIDADE FEDERATIVA  (COVID-19)

 
A Federación Galega de Tríatlon informa que está  traballando cos organizadores e resto de persoal federativo de cara a ir dando as mellores solucións ás probas e actividades suspendidas e seguirá informando ao respecto de xeito puntual segundo a evolución.
 
Polo momento as probas e actividades afectadas pola suspensión cautelar, pendientes de nova calendarización ou suspensión definitiva,  son as seguintes:
 
– PROGRAMA XOGADE CANCELADO NA TOTALIDADE
A continuación, podes cnsultar o comunicado da Xunta de Galicia onde se nos fai a comunicación así coma outras medidas importantes a tomar.
IMP.- Con esta cancelación queda suspendidos adestramentos e calquera actividade cuberta polo mesmo.
 
RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se lle dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de marzo de 2020, polo que se adoptan as medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19.
 
 
– PROBAS DEPORTIVAS FEDERADAS (suspendidas provisionalmente no mes de marzo)
  • 14/03/2020.- Ocean Lava Galicia-Cpto Galego Duatlon Contrarreloxo por Equipos
  • 15/03/2020.- Final Galega Nada e Corre de Riveira
  • 21/03/2020.- Dúatlon Prebenxamín Popular de Santiago (circuíto)
  • 21/03/2020.- XVIII Dúatlon Cidade de Santiago
  •  
  • 29/03/2020 .- Dúatlon Val do Soneira de Vimianzo (circuíto)
 
A Federación Galega de Tríatlon está traballando coas distintas organizacións para ver as posibilidades de reestruturación de competicións en función da evolución da situación. 
 
-XUNTANZA ASEMBLEA XERAL 25 DE MARZO (APRAZADA PROVISIONALMENTE A 22 DE ABRIL)
Posponse a Xuntanza da Asemblea Xeral  convocada  para 25 de marzo e convócase  para o 22 de abril de 2020, sempre e cando non se aumenten as medidas de restricción para esa data.
 
-ENCONTRO DE MENORES- (Cancelado)
Ante o posible risco para as datas previstas acordouse non lanzar a convocatoria e cancelar o evento.
 
-CONVOCATORIA DA COMISIÓN DELEGADA 
Convocase á Comisión Delegada o próximo luns, 16 de marzo de 2020, ás 20:00 a unha xuntanza por medios telemáticos a través de Zoom.
 

A Federación Galega de Tríatlon agradece a todos os estamentos federativos polo apoio e comprensión manifestada por distintos medios.