A Cámara de Vila Nova de Cerveira, O Concello de Tomiño, a Federación Portuguesa de Triatlo e a Federación Galega de Tríatlon e P.M., diante dos deportistas e da opinión pública,
MANIFESTAMOS:
- Que as institucións e federacións citadas anteriormente, levamos anos organizando e mantendo vivo o Triatlo Cross (BTT) da Amizade.
- Que dita proba quere unir vínculos de amizade entre Galicia e o Norte de Portugal e facémolo deportivamente.
- Que unha das persoas que traballou de forma moi importante durante estes anos, foi Benito Guerreiro, que actuou non só a nivel individual, senón tamén en nome da Federación Galega de Tríatlon e tamén do Concello de Tomiño e a Cámara de Vila Nova de Cerveira.
- Que no presente ano e despois de estar todo en marcha para a celebración do VII Triatlo da Amizade o 22 de Setembro, decidiu unilateralmente “suspender” a proba, cando xa se iniciara a inscrición da mesma. Diante de esa situación as institucións e federacións reunidas para tratar o tema, decidimos seguir adiante coa proba deportiva, cos mesmos criterios e obxectivos que nos anos anteriores. Así mesmo, convidamos a Benito Guerreiro, se así o consideraba a seguir no grupo conxunto de traballo para sacar o Triatlo da Amizade adiante.
- Por todo o anterior, chamamos ós triatletas galegos e portugueses a que participen nesta “VII edición do Triatlo da Amizade”, así como ós veciños/as de ambos marxes do río Miño, a que como nos anos anteriores, acudan a seguir a proba deportiva e animen e aplaudan a tódolos deportistas participantes.
- Por último, sinalar que os asinantes desta declaración conxunta, lonxe de polemizar con ninguén, queremos manter vivo o espírito de estreitar lazos de unión entre Galiza e Portugal, a través do deporte e a familiaridade.