Debido á suspensión das probas do Campionato de España de Dúatlon que se ían a celebrar en Boiro (suspendidas por mor da climatoloxía adversa) esta fin de semana pasada, e trasladadas para o 24 e 25 de Marzo de 2018, o organizador da proba de Duatlón Escolar de Vilalba (prevista para o 24/03/2018), comunícanos a imposibilidade de facela nesta data.
A Xunta Directiva da Federación (unha vez pasado á Comisión Delegada da Federación) solitou á Secretaría Xeral para o Deporte que a Final Provincial de Duatlón Escolar de Mondoñedo (14/04/2018) sexa aberta a todos os deportistas que están de alta no programa XOGADE -Dúatlon- , (pertencentes a clubs, colexios, asociacións,… da provincia) sen clasificación previa, xa que só habería unha proba clasificatoria e tampouco se contemplan invitacións no regulamento.
Dende o Servizo de Deportes pareceulles ben a proposta, polo que a proba Final Provincial de Duatlón Escolar de Mondoñedo será aberta.