Por orde do presidente e de acordo aos nosos estatutos convócase á Asemblea Xeral a unha xuntanza ordinaria o próximo
- Data: xoves, 22 de decembro de 2022
- Hora: 19:30 h.
- Lugar: Hotel Santiago Apostol (Costa de San Marcos, Nº1.- Santiago de Compostela)
Orde do día,
- – Lectura e aprobación se procede da acta da Asemblea anterior.
- – Orzamentos 2023. Aprobación se procede.
- – Calendarios e normativas 2023.
- -Renovación de comités estatutarios
- – Rogos e preguntas
*Os rogos e preguntas poderán ser enviados ao correo da federación ata o próximo martes 13 de decembro de 2022 ás 14:00 h.
*Só se permitirá o acceso aos membros da Asemblea Xeral. A representación dos clubs recae no/a Presidente/a ou persoa en quen delegue segundo os seus estatutos. A Delegación deberá estar na Federación a máis tardar o martes 20 de decembro de 2022.