Rematado o prazo de solicitude das Axudas a Deportistas Galegos e Galegas para participación en probas internacionais, publícase a continuación a Circular da Dirección Técnica de 22 de novembro coa resolución de baremación provisional das axudas.
Circular da Dirección Depotiva de 22/11/2022- Resolución Baremación Provisional
O prazo para reclamar a baremación estará aberto dez días, ata o próximo 2 de decembro de 2022 ás 14:00 h.
BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS A DEPORTISTAS GALEGOS/AS PARA PARTICIPACIÓN EN PROBAS INTERNACIONAIS 2022
A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno co fin de axudar aos/ás deportistas de Galicia e apoiar a súa formación e proxección internacional, convoca as seguintes
axudas para axuda da participación en probas internacionais.
Esta convocatoria ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de axudas destinadas a apoiar a os/as deportistas galegos/as na súa participación en competición internacional
durante o ano 2022
No seguinte arquivo consulta a convocatoria
Bases da convocatoria de axudas
Formulario de solicitude das axudas
Presentación ata o 20 de novembro de 2022