Por orde do Presidente da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno e de acordo ao que determinan os artigos 48º e 54º dos Estatutos vixentes da entidade,convocase aos membros da Asemblea Xeral a unha xuntanza ordinaria, na data e hora indicadas a continuación
- Data: mércores, 29 de maio de 2024
- Hora: 19:30 h. 1ª convocatoria
- Lugar: Hotel Santiago Apostol (Costa de San Marcos, Nº1.- Santiago de Compostela)
Orde do día,
- 1.- Lectura e aprobación se procede da acta da Asemblea anterior.
- 2.- Memoria e contas 2023. Aprobación se procede.
- 3.- Calendarios e normativas
- 4.- Informe Centro Galego de Tecnifcación
- 5.- Rogos e preguntas
*Os rogos e preguntas poderán ser enviados ao correo da federación ata o próximo venres 24 de maio ás 14:00 h.
*Só se permitirá o acceso aos membros da Asemblea Xeral. A representación dos clubs recae no/a Presidente/a ou persoa en quen delegue segundo os seus estatutos. A Delegación deberá estar na Federación a máis tardar o martes 28 de maio de 2024.