Quedada Lideresas Amazonas- Ribeira- 27/04/2024

23 de Abril de 2024

A Fegatri a través da técnica da área de Muller e Deporte participa no programa Lideresas Amazonas e organiza esta fin de semana unha quedada en Ribeira

Se es muller, tes máis de 18 anos e che gusta  practicar deporte tes unha cita  nas pistas de atletismo do Complexo Deportivo A Fieiteira o próximo sábado, 27 de abril ,  ás 19:30 h. na que compartirás experiencia con outras mulleres facendo  técnica e activación de carreira a pé. Xornada apta para todos os niveis sen necesidade de estar federada.

Máis información e inscricións: www.lideresasamazonas.org

#fetrilideresas

#amazonaslideresas

 

 

Quizáis che interese…