Dende a última tempada vense observando unha diminución importante no número de licenzas e probas deportivas en Galicia. Para remontar esta baixada de licenzas considerase importante promover a base e as categorías previas á absoluta para que nos próximos anos o tríatlon volva a ser un deporte de referencia, recupere e gañe máis deportistas e competicións.
A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno (FEGATRI de agora en diante) establece as bases para a convocatoria de axudas para clubs con categorías menores, axudándolles a sufragar gastos de servizos deportivos e organizativos da actividade ordinaria do club.
Estas bases teñen por obxecto regular as axudas a clubs con licenza FEGATRI para o fomento e promoción do tríatlon nas categorías base na tempada deportiva 2025 comprendidas entre prebenxamín e junior, ambas inlcuídas.
Prazo de solicitude ata o 1 de decembro de 2025 ás 14:00 h.