Convocatoria da Asemblea Xeral da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno (22 decembro)

22 de Novembro de 2021

CONVOCATORIA DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON E PÉNTATLON MODERNO

O presidente da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, Gonzalo Mario Triunfo Delgado, de acordo co que determinan os artigos 48º e 54º dos Estatutos vixentes da entidade, convoca aos membros da Asemblea Xeral a unha xuntanza ordinaria por medios telemáticos (amparada no Art. 40 do Real Decreto-Ley 8/2020 de 17 de marzo de medidas urgentes extraordinarias para hacer frente al impacto económico y social del COVID-19),  na data e hora indicadas a continuación

Data: Mércores, 22 de decembro de 2021

Hora: 20:00 h.

Lugar: Sala Zoom (enviarase a ligazón de acceso o día anterior)

Orde do día,

1.- Lectura e aprobación se procede da acta da Asemblea anterior.

2.- Orzamentos 2022. Aprobación se procede.

3.- Calendarios e normativas.

4.- Licenzas 2022

5.- Rogos e preguntas

*Os rogos e preguntas poderán  ser enviados ao correo da federación ata o próximo mércores,  15 de  decembro de 2021 ás 14:00 h.

*Só se permitirá o acceso aos membros da Asemblea Xeral. A representación dos clubs recae no/a Presidente/a ou persoa en quen delegue segundo os seus estatutos. A Delegación deberá estar na Federación a máis tardar o mércores 15 de decembro de 2021.

 

Quizáis che interese…