Dúatlon Cros en Lousame

Cartel Dúatlon Cros de Lousame 2021

19 de Novembro de 2021

O próximo 21 de Novembro vémonos en Lousame para o inicio do circuíto galego de Dúatlon Cros.

A proba de Lousame pode ser chave para a clasificación final do circuíto galego, que se decidirá na última proba o 6 de Decembro en Carballo. 86 duatletas estarán en Lousame para loitar por unha praza para a gran final do circuíto galego.

5,8 kilómetros de carreira a pé – 20,1 kilómetros de BTT – 2,9 kilómetros de carreira

Os recorridos teñen un 5% de asfalto e un 95% de camiños e pistas de terra e monte.

Dúas saídas conxuntas. Ás 11:00 saída masculina e 5 minutos máis tarde a saída feminina.

Recordade a obligatoriedade de entregar a declaración responsable de cumprimento do protocolo Covid19 que podedes descargar desde a nosa páxina web.

REUNIÓN TÉCNICA

CLASIFICACIÓNS ACTUALES DÚATLON CROS

Quizáis che interese…