CONVOCATORIA DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON E PÉNTATLON MODERNO
O presidente da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, Gonzalo Mario Triunfo Delgado, de acordo co que determinan os artigos 48º e 54º dos Estatutos vixentes da entidade, convoca aos membros da Asemblea Xeral a unha xuntanza ordinaria por medios telemáticos (amparada no Art. 40 do Real Decreto-Ley 8/2020 de 17 de marzo de medidas urgentes extraordinarias para hacer frente al impacto económico y social del COVID-19), na data e hora indicadas a continuación
Data: venres 22 de outubro de 2021
Hora: 20:30 h.
Lugar: Sala Zoom (enviarase a ligazón de acceso o día anterior)
Orde do día,
1.- Lectura e aprobación se procede da acta da Asemblea anterior.
2.- Regulamentos Deportivos 2022
3.- Calendarios de Competición 2022
4.- Rogos e preguntas
*Os rogos e preguntas poderán ser enviados ao correo da federación ata o próximo venres 15 de outubro ás 14:00 h.
*Só se permitirá o acceso aos membros da Asemblea Xeral. A representación dos clubs recae no/a Presidente/a ou persoa en quen delegue segundo os seus estatutos. A Delegación deberá estar na Federación a máis tardar o mércores 20 de outubro de 2021.