Andrea Iglesias e Cristóbal Dios campións galegos de Media Distancia

DESAFIO ISLAS CIES 2021

20 de Setembro de 2021

Os triatletas Andrea Iglesias e Cristobal Dios do Tri Penta Terras de Lugo, proclamáronse campións galegos de Media Distancia esta fin de semana no 8º Edición do Desafío Islas Cíes.

Un ano máis, volveu o tríatlon ás inmediacións da Praia do Vao en Vigo. Co mar en calma e un día que amencía ideal para a práctica do tríatlon, os participantes madrugaban para estar na liña de saída.

As oito da mañá daba inicio a proba coa saída de Cristobal Dios e Xacobo Crego que tiveron unha dura loita ata o final, rematando nas dúas primeiras posicións da proba PRO masculina. Cristobal Dios, conseguíu unha victoria moi traballada e convertíase no novo Campión Galego de Media Distancia cun tempo de 3 horas 30 minutos 13 segundos, poñendo punto final a súa excelente carreira como triatleta debido a motivos laboráis. A 24 segundos do triatleta do Tri Penta Terras de Lugo, entrou Xacobo Crego do Jealsa Tríatlon Boiro e 4 minutos máis tarde Ricardo Rey do Nosportlimit, completando o podio masculino.

categoria masculina desafio islas cies campionato galego de media distancia

Na categoría feminina a victoria foi para Andrea Iglesias do Tri Penta Terras de Lugo cun tempo final de 4 horas 8 minutos e 58 segundos, por diante de Elena Roucho, Paula Blanco (Nosportlimit) e Silvia García (Artrogal), que completaron o podio final.

categoria feminina desafio islas cies campionato galego de media distancia

Noraboa a todos os participantes do Desafío Islas Cíes e grazas por o voso esforzo e traballo para conseguir superar esas difíciles metas. Todos sodes gañadores. 💪💪💪

RESULTADOS

O equipo de Difusión Sport fixo unha gran reportaxe durante todo o evento. Podes votarlle un ollo a todas as fotos na nosa páxina de Facebook.

Vémonos o próximo ano. 

 

Quizáis che interese…