Convocatoria de Axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel da Secretaría Xeral para o Deporte **(Prazo ampliado 5 días hábiles)

6 de Outubro de 2020

A Secretaría Xeral para o Deporte, a través da Fundación Deporte Galego, vén de publicar no Diario Oficial de Galicia o anuncio dunha nova convocatoria das Axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel, neste caso as do ano 2020. Deste xeito e a pesar da pandemia provocada pola Covid-19, a Secretaría Xeral para o Deporte continúa mantendo as liñas de apoio para as federacións, clubs e deportistas e, dentro destes, os deportistas de alto nivel, co obxectivo de mellorar o seu rendemento deportivo e axudalos na súa dedicación ao deporte de elite. Desde a creación destas axudas no ano 2005, o importe total das mesmas ascende a preto de 5,5 millóns de euros e beneficiando a cerca de 800 deportistas.

Como ocorreu coas Axudas DGAN 2019, a convocatoria conta con seis tipos de axudas: Axuda DGAN 1, Axuda DGAN 2, Axuda DGAN 3, Axuda DGAN 4, Axuda DGAN 5 e Axuda DGAN 6, que serán asignadas segundo os resultados deportivos acadados durante o ano 2019 (non se valorarán resultados acadados en anos anteriores ou posteriores). As bases desta convocatoria están publicadas na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e na web http://deporte.xunta.gal dende hoxe. O prazo de presentación de solicitudes comeza mañá martes 6 de outubro.

 

Anuncio da  SXD ampliación Prazo de solicitude en 5 días hábiles

 

Máis información

https://deporte.xunta.gal/gl/novas-deporte-galego/xunta-de-galicia-publica-bases-dunha-nova-edicion-das-axudas-deportistas-galegos-de-alto-nivel

Quizáis che interese…