CONVOCATORIA DE AXUDAS DGAN 2018

16 de Outubro de 2018

A Fundación Deporte Galego ven de publicar hoxe, martes 16 de outubro, no Diario Oficial de Galicia a Convocatoria de Axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel 2018, baixo a denominación “Convocatoria de AXUDAS DGAN 2018”, e que se enmarca no plan de axudas á preparación dos/as deportistas galegos/as de alto nivel.

 

Esta convocatoria conta nesta ocasión con seis tipos de axudas: Axuda DGAN 1, Axuda DGAN 2, Axuda DGAN 3, Axuda DGAN 4, Axuda DGAN 5 e Axuda DGAN 6, que serán asignadas segundo os resultados deportivos que os deportistas tiveran acadado durante o ano 2017 (non se valorarán resultados acadados en anos anteriores ou posteriores). Serán valorados segundo os apartados 6.4.1. e 6.4.2. das bases.

As devanditas bases desta convocatoria están á vosa disposición na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, na web http://deporte.xunta.gal, así como no taboleiro de anuncios da Fundación Deporte Galego dende hoxe. A destacar, en todo caso, que o prazo de presentación de solicitudes comeza mañá mércores 17 e rematará o vindeiro luns 30 de outubro de 2018.

Aproveito para recordarvos as seguintes observacións:

  1. Como na edición anterior, ademais de manter tamén a liña tradicional de presentación presencial en formato papel, poderase cursar a solicitude de axuda de forma telemática. As persoas solicitantes terán á súa disposición os formularios normalizados (anexos I, II e III) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Poderán utilizar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da propia Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365) habilitándose un enlace na Guía de procedementos e servizos co código PR961A (que estará dispoñible a partir de mañá, día 17 de outubro).

  2. Poderán solicitar axuda todos/as aqueles/as deportistas que estean ou estiveran recoñecidos pola Secretaría Xeral para o Deporte coma Deportistas de Alto Nivel nalgún momento dos anos 2017 e/ou 2018 (aínda que a día de hoxe non estea vixente o recoñecemento).

  3. Deberán limitarse unicamente a presentar correctamente cubertos os anexos abaixo e que tamén están dispoñibles na nosa páxina web e na citada sede electrónica da Xunta de Galicia.

  4. Do mesmo xeito que na convocatoria pasada, o Anexo II-Certificado da Federación debe ser asinado de forma manuscrita para a presentación en formato papel-presencial ou asinado de forma dixital en formato PDF no caso das presentacións telemáticas (coa sinatura dixital de secretario/a ou presidente/a).

 

Bases Axudas DGAN 2018

Anexos Axudas DGAN 2018 PR961A galego

Anexos Axudas DGAN 2018 PR961A castelán

 

Quizáis che interese…

Plan Corresponsables 2024

Plan Corresponsables 2024

Actuación financiada pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deporte, a través da Secretaría...