CONVOCATORIA DE AXUDAS GALICIARIO -EXCELENCIA DEPORTIVA DA FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO

5 de Decembro de 2014

Hoxe 5 de decembro aparece publicada no Diario Oficial de Galicia a 1ª fase de Axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel, baixo a denominación “Convocatoria de AXUDAS GALICIARÍO- EXCELENCIA DEPORTIVA”, e que se enmarca no plan de axudas á preparación de deportistas DGAN e para a súa clasificacións aos XXOO/XXPP de Río 2016. Seguindo coa filosofía de anos e convocatorias precedentes, este plan é unha actuación máis na liña de apoiar aos nosos deportistas para que sigan mellorando o seu rendemento deportivo e para axudarlles na súa dedicación ao deporte de alto nivel.

Este ano incorporase como novidade unha convocatoria en dúas fases:

· 1ª FASE: Decembro 2014: Publicada no día de hoxe.

Esta primeria fase hoxe publicada, e denominada “Axudas GALICIARÍO – EXCELENCIA DEPORTIVA”¸ conta á súa vez con dous tipos e axudas: as axudas GALICIARÍO (destinadas a Deportistas que teñan participado en XXOO/XXPP anteriores e que continúen a prepararse para os vindeiros XXOO/XXPP de Río 2016) e as axudas Excelencia DGAN 1-2-3 (destinadas a deportistas que teñan acadado os máis altos resultados en competicións deportivas internacionais da súa modalidade, sexa olímpica ou non –ver condicións nas bases-). Se algún deportista está nestes supostos, poderán optar ás axudas convocadas hoxe.

· 2ª FASE: Principios 2015.

O prazo de presentación de solicitudes comeza hoxe e rematará o vindeiro 15 de decembro.

ANEXO 1 (SOLICITUDE) AXUDAS GALICIARIO – EXCELENCIA DEPORTIVA

ANEXO 2 (CERTIFICADO FEDERACION) AXUDAS GALICIARIO – EXCELENCIA DEPORTIVA

ANEXO 3 (DECLARACION OUTRAS AXUDAS) AXUDAS GALICIARIO – EXCELENCIA DEPORTIVA

ANEXO 4 (FICHA TRANSFERENCIA) AXUDAS GALICIARIO – EXCELENCIA DEPORTIVA

Anuncio AXUDAS GALICIARIO-EXCELENCIA DEPORTIVA

BASES AXUDAS DEPORTISTAS GALICIARIO – EXCELENCIA DEPORTIVA

Quizáis che interese…

Acuatlón Castrelo do Miño

Acuatlón Castrelo do Miño

O pasado fin de semana celebrouse a Copa Deputación Ourense de Acuatlón - Acuatlón Castrelo de...