Convocatoria de Prazas para o Centro Galego de Técnificación Deportiva (2022/2023)

1 de Agosto de 2022

CONVOCATORIA DE PRAZAS PARA O CENTRO GALEGO DE TECNIFICACION DEPORTIVA DE PONTEVEDRA (Curso 2022/2023)

A FEGATRI abre o prazo ata o 11/08/2022 para solicitar praza no CGTD de Pontevedra cara o próximo curso escolar 2022/2023.

 Os dous tipos de prazas que poden solicitarse serán para TECNIFICACION e RENDEMENTO.

As prazas de TECNIFICACION outorgan dereito a:  pensión completa de Luns a Venres, a adestramentos e a servizos médicos. Deben ser nados nos anos:2008, 2007, 2006 e 2005. E dicir, cursar no próximo ano 3º, 4 ESO ou 1º e 2º de BACH.

As prazas de RENDEMENTO teñen dereito a adestramentos e servizos médicos, segundo os resultados deportivos, poden ter dereito tamén ao xantar e residencia.

Para optar a becas no CGTD teranse en conta:

  • Expediente e traxectoria académica. Deberase xuntar copia do boletín notas así coma sinalar cualificación media.
  • Resultados deportivos en competicións (autonómicas, nacionais e internacionais) nos últimos 2 anos (2021/2022).
  • Valoración técnica da Dirección Deportiva
  • Valoración residencial (so renovación bolseiros).

As prazas para o próximo curso teñen que solicitalas todos/as aqueles/as deportistas que desexen entrar no CGTD e os/as  que xa son bolseiros na actualidade (enviar formulario da páxina seguinte a: info@fegatri.org .

convocatoria cgtd 2022_23

Formulario-solicitude-cgtd-2022_23

Máis información, criterios e baremación.

 

 

Quizáis che interese…