Un ano máis o CSD convoca o premio “Deportista en Idade Escolar” ano 2016.
CONVOCATORIA PREMIO DEPORTISTA EN EDAD ESCOLAR 2016
Cada federación poderá propor á Secretaría Xeral para o Deporte un único candidato, nacido entre os anos 1998 e 2004 (ámbolos dous incluídos).
A solicitude virá acompañada da documentación necesaria:
– Currículo deportivo e persoal da tempada 2015-2016.
– Certificado oficial de estudos cos resultados académicos do curso 2015-2016.
Valoraranse os méritos nunha ou en varias modalidades deportivas e outros aspectos de interese, sempre neste período de tempo: curso ou tempada 2015-2016.
Galicia só poderá presentar un candidato polo que se valorarán as propostas e elixirase o candidato a presentar.
A data límite para o seu envío á Federación (fegatri@hotmail.com) será o luns, 27 de Febreiro de 2017.
A Federación só poderá presentar un candidato.