Convocatoria Encontro Nacional de Menores- Tarazona (Zaragoza)

15 de Maio de 2025

A Federación Española de  Tríatlon co apoio da Fundación Deporte Joven e do Consejo Superior de Deportes,  celebrará esta tempada o “Encontro Nacional de Menores 2025”, entre os días  9 e o 13 de xulllo, en Tarazona (Zaragoza) .  O encontro, dirixido a deportistas da categoría Infantil (2012/2013) con licenza federativa en vigor, ten como obxectivo é visibilizar e fomentar a práctica deportiva de deportistas menores, aproveitando as contornas que ofrece España para o noso deporte. 

A FEGATRI conta con dúas prazas masculinas e dúas femininas  reservadas cuxa inscrición financiará. Ademáis pode solicitarse a inscrición de 1 adestrador/a  cuxa praza será confirmada posteriormente pola FETRI xa que serán outorgadas por criterio (FFAA máis numerosa e técnicos a completar propostos polas FFAA ata o total do ratio)

De cara a seleccionar aos deportistas para enviar ao evento, ábrese un prazo de inscrición de deportistas e adestradores interesados (2 deportistas masculinos e 2 femininas da categoría infantil e técnico/a)

A solicitude enviarase por correo electrónico a fegatri@hotmail.com, cubrindo os formularios que tedes máis abaixo. Valorarase, no caso de deportistas, mellor resultado 2025 e nota académica media de 2024.
PRAZO PARA ENVIAR AS PROPOSTAS DOS CLUBS 
Ata o domingo 1 de xuño.
Resolución e incompatibilidades 
Corresponde á Dirección Técnica resolver a convocatoria que outorga as prazas para asistir ao encontro.
A asistencia ao encontro será imcompatible coa convocatoria da selección escolar.
DATOS DOS/AS DEPORTISTAS CATEGORÍA INFANTIL E ADESTRADORES:

Deportistas que queden fóra das prazas outorgadas pola federación poderán inscribirse a partir do 5 de xuño na Federación Española de Triatlón para cubrir as prazas vacantes non reservadas ás federacións.

Ver convocatoria FETRI

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.