A continuación podedes consultar a convocatoria definitiva de deportistas e plan de viaxe para acudir coa expedición FEGATRI á Copa de Europa de Quarteira 2025.
———————————-
Convocatoria solicitude participación no Programa de Tecnificación e Rendemento FEGATRI para acudir a COPA DE EUROPA DE QUARTEIRA
A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno dentro do programa de tecnificación e rendemento 2025, ten establecido o apoio a deportistas con licenza galega pertencentes a clubs galegos de interese federativo, para a súa promoción deportiva nacional e internacional.
Conforme ao anterior e co gallo da celebración da Copa de Europa de Quarteira (Portugal), o próximo 29 e 30 de marzo de 2025, ábrese prazo de solicitude para acceder á colaboración para deportistas que estén aceptados/as na lista de inscrición de dita Copa de Europa a través deste programa.
A FEGATRI asumirá os custes da viaxe Pontevedra -Quarteira (ida e volta), e a manutención e aloxamento dos días 27 a 30 de marzo dos convocados, con Saída 27 de marzo e regreso 30 de marzo.
O/A Deportista farase cargo dos seguintes custes a través da formalización da inscrición no programa para o evento de referencia: Desprazamento ata Pontevedra (ida e volta), inscrición na proba e tritraxe oficial World Triathlon da FEGATRI
Formalización da solicitude a través da plataforma de inscricións co abono do importe correspondente á xestión do tritraxe por parte da FEGATRI https://fegatri.org/solicitude-participacion-no-programa-de-tecnificacion-e-rendemento-gst-gif-para-acudir-a-copas-continentais-e-do-mundo-2025/
O acceso a esta colaboración SERÁ INCOMPATIBLE coa solicitude e recepción de axudas para deportistas galegos/as, para a súa participación en probas internacionais en 2025, na mesma proba.