A TÓDOLOS CLUBS E ORGANIZADORES DA FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON E PÉNTATLON MODERNO
A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno abre o prazo para a presentación de solicitudes de organización de probas tanto de tríatlon coma de péntatlon moderno, co fin de poder traballar no desenvolvemento do calendario a aprobar pola Asemblea Xeral para 2024 e novas probas para engadir no último trimestre de 2023 (Nada e Corre/Dúatlon Cros/…)
Os prazos de comunicación das probas afectadas polos permisos de tráfico xa foron publicados pola DGT. O primeiro prazo para dar prioridade a estas probas sobre outras modalidades ou eventos non oficiais calendadas, especialmente aquelas que poidan ter previsión de celebración antes de finais de marzo de 2024 remataría a medidados de outubro.
En relación ao anterior e coñecedores da incerteza para a celebración de probas para 2024 a estas alturas, pregámos se realice a solicitude de datas de celebración daquelas probas que se teñan previstas, aínda sabendo que nalgúns casos o seu desenvolvemtno dependerá da confirmación, soporte económico, loxístico e administrativo de entidades públicas e privadas.
Si vos pedimos o compromiso como organizadores de comunicar a cancelación das probas que se calendaricen coa antelación suficiente, ao menos dun mes, de cara a ter marxe de manobra para tratar de conseguir levar as probas principais (Cptos galegos/circuítos/…) a outra sede por parte da Xunta Directiva.
Recepción de solicitudes: ata o 1 de outubro de 2023
A solicitude deberá enviarse a info@fegatri.org e virá acompañada dun pequeno proxecto que debe perfilar os aspectos básicos que se detallan a continuación, especialmente no caso de novas probas, para poder traballar sobre o mesmo coordinadamente.
Na medida en que se traballa a longo prazo sabemos que serán previsións que despois se deberán concretar cos delegados e delegadas técnicos das probas, e que seguramente sufran tamén variacións por diversas cuestións secundarias, pero é importante ter unha descrición previa destes puntos, para poder dar apoio á organización que así o precise.
DATOS BÁSICOS DO PROXECTO DE SOLICITUDE DE ORGANIZACIÓN DE PROBAS
- – Formulario de comunicación calendario cuberta cos datos da proba (xúntase a ligazón de descarga a continuación- FICHA/FORMULARIO CALENDARIO (só para probas con influenza de permisos de tráfico da DGT)
*Datos para Probas con antecedente (solicitarase o proxecto de cambios para a posta en marcha).
- Nome da proba
- Tipo -(Circuíto/Cpto Autonómico/Popular).
- Dúas datas posibles e localización.
- Organizador, datos e persoa de contacto.
- Director de Carreira/Responsable (nome, teléfono, email).
- Compromiso ou Convenio asinado de coorganización de Administración Pública de Referencia.
- Ficha de tráfico cuberta (de afectar permisos da DGT).
- Distancias
- Observacións: indicar previsión cambios de localización ou circuítos respecto á edición anterior.
*Probas que se organicen por primeira vez xuntarán ao proxecto o engadido ademais os seguintes datos:
- Organizador (É preciso tramitar licenza de club-organizador 2022 de tríatlon, ou coorganizala con algún organizador con licenza). Compromiso ou Convenio asinado de coorganización de Administración Pública de Referencia.
- Dirección Executiva e Dirección de carreir
- Datos e persoa de contacto.
- Data, hora e lugar.(se é posible dúas alternativas para tentar cadrar previamente dende competición un calendario onde non se prexudiquen)
- Número de carreiras-saídas, se houbese máis dunha.
- Distancias
- Planos dos circuítos con tódalas áreas (Saída, transición, meta, áreas de penalización,…).
- Sistema de Cronometraxe
- Premios
- Categorías
- Servizos- (duchas e vestiarios, megafonía e locución, infraestruturas en xeral…)
- Seguros- Propios (indicar de selo caso. Serán revisados polo DT) ou xestionados a través da Fegatri.
- Servizos médicos e plan de seguridade e evacuación.
- Vehículos. Control dos sectores de carreira
- Avituallamentos.
- Voluntariado
*Información Permisos DGT para celebración de Probas deportivas
*Información Normativa Autonómica celebración Espectáculos Públicos
CALENDARIO FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE TRIATLÓN
(Probas do calendario FETRI comunicadas a data de hoxe para ter en conta a incidencia de falta de deportistas á hora da inscrición)
Circular Competicións- 1 de setembro de 2023