XORNADAS TÉCNICAS E DE ORGANIZACIÓN DE TRÍATLON

5 de Setembro de 2023

 

Por orde do presidente convócase a unha xuntanza en Santiago de Compostela a todos os clubs e adestradores. A finalidade é o intercambio e posta en común de propostas  que se levarán á próxima asemblea xeral do próximo mes,  para o seu debate e  aprobación  se procede de acordo ao establecido nos estatutos federativos vixentes.
CONVOCATORIA:
Data: Venres 8 de setembro de 2023
Hora: 19:00 h.
Lugar: Local Inforhouse Santiago. (Avda. Fernando de Casas Novoa, 20 Baixo-Estadio Verónica Boquete-San Lázaro) 
 
Confirmación de asistencia a través do seguinte formulario ata o xoves 7 de setebmro.
 
Orde do día:
  • Calendarios de probas de menores
  • Calendarios de probas absolutas
  • Regulamentos (Propostas novas e modificacións)
  • Outros Proxectos.

De cara á súa coordinación é imprescindible confirmar asistencia a través do formulario que se achega . Poderán acudir todos os técnicos e 1 representante de cada club.

Igualmente pregamos se fagan chegar as oportunas propostas ou se leven preparadas as propostas que se considere debatir.

 

Quizáis che interese…

Plan Corresponsables 2024

Plan Corresponsables 2024

Actuación financiada pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deporte, a través da Secretaría...