Convocatoria Proxectos Plan Corresponsables

6 de Abril de 2022

a Secretaría Xeral para o Deporte e a Consellería de Emprego e Igualdade teñen previsto asinar un Acordo de colaboración, a través do cal a Secretaría Xeral para o Deporte colaborará no desenvolvemento do Plan Corresponsables, a través das distintas Federacións Deportivas Galegas, para a habilitación de servizos de coidado profesional de nenas, nenos e xóvenes menores de 16 anos que poidan prestarse en dependencias públicas habilitadas ao efecto.

Os clubs interesados en  colaborar  no desenvolvemento deste  plan de corresponsables, coordinado pola FEGATRI,  deberá enviar unha memoria da actividade a realizar cun  proxecto de implementación e

desenvolvemento (descrición, actuacións a desenvolver, cronograma, localidades, horarios, nº de participantes directos estimados, nº de técnicos/coidadores contratados, custe estimado desgrosado, etc.). O periodo do desenvolvemento do proxecto sería entre maio e novembro de 2022.

O prazo de presentación de proxectos , que se dirixirán a fegatri@hotmail.com ,  estará aberto ata o próximo Luns, día 11 de abril ás 14:00 h.

Quizáis che interese…