CONVOCATORIA TOMA DE TEMPOS AUTONÓMICA 2015

15 de Decembro de 2014

Convocatoria da toma de tempos que se celebrará o próximo 31 de xaneiro, no CGTD de Pontevedra.

Deberase confirmar asistencia ata o martes, dia 27 de Xaneiro ás 14:00 h. na Federación , enviando listaxe cos seguintes datos:

-Nome e apelidos

-DNI,

– Data de nacemento

– Club

-Marcas acreditadas en natación (100L+1000L) para a confección das series

Lémbrase que os menores deberán acudir coa autorización paterna.

CONVOCATORIA TOMA TEMPOS 2015

 

IMPORTANTE: Co fin de ter unha organización na toma de tempos o máis controlada posible e, poder axustarnos ós horarios das instalacións de que dispoñemos (principalmente piscina), pregamos a todos os clubs teñades en conta algunhas consideracións:

-A toma de tempos non ten carácter de promoción competitiva. A súa inclusión vai dirixida ó coñecemento puntual das categorías CONTROL (1998-1999-2000) para esa tempada.
-Incluiremos a categoría INFANTIL (2001-2002), tendo en conta que a toma non vai dirixida para estas categorías.
-Tendo en conta os puntos anteriorese, segundo a traxectoria de marcas na TT dende o 2010, solicítase a todos os clubs a NON inscrición de deportistas con marcas superiores a 16´30´´ na proba de 1000NAT. Para iso apelamos ó criterio obxectivo dos técnicos responsables.
-O CGTD permanecerá pechado en horario de 14:00 a 16:00h, co cal, cada club será responsable de coordinar e organizar as comidas dos seus deportistas.

Quizáis che interese…