CRISTÓBAL RODRÍGUEZ GAÑA O TROFEO MARQUÉS DE FUNCHAL DE PÉNTATLON MODERNO

14 de Decembro de 2014

Os pentatletas galegos comezan a dar os primeiros pasos na presente tempada, Esta fin de semana Cristóbal Rodríguez, Raul Blanco e Aroa Freije participaron no Trofeo Marqués de Funchal, co obxectivo de ir acadando un estado de forma óptimo neste inicio de tempada. E Cristóbal acadou o triunfo no Marqués de Funchal.

IMG-20141214-WA0009Así, Cristóbal Rodríguez amosou a súa superioriedade ao lograr a primeira posición no trofeo, por diante Sebastiao Macias (prata) e Rui Cirne (bronce).

Pola súa banda, Raúl Blanco foi o quinto na xeral e o segundo na clasificación xuvenil. O galego sufriu un pequeno accidente ao golpearse no nariz durante a natación, pero non foi nada grave e rematou a proba sen problemas, aínda que perdeu algún tempo.

Por último, sinalar o terceiro posto de Aroa Freije na proba feminina. A lucense, despois de dous anos sen parar, colleu este ano unhas máis que merecidas vacacións, e está arrancando.

A próxima semana os nosos deportistas terán o primeiro test do ano en Sant Cugat.

Quizáis che interese…

BO NADAL!

BO NADAL!

A Federación Galega de Tríatlon quere desexarvos unhas felices festas e  un próspero...