CRISTÓBAL DIOS COMPETIRÁ NO EUROPEO DE TRÍATLON DE MEDIA DISTANCIA DE IBIZA

25 de Outubro de 2018

O galego Cristóbal Dios (Tri-Penta Terras de Lugo) participará o sábado 27 de outubro (13:30 horas) no Campionato de Europa de Tríatlon de Media Distancia, que se celebrará en Ibiza. Esta proba está incluída no Festival Multideporte que se está a disputar na illa Pitiusa estes días.

Cristóbal será o único galego presente na proba, xa que o seu compañeiro de club Gustavo Rodríguez (actual campión de España tanto de media como de longa distancia) non puido participar por culpa dunha lesión.

Cristóbal chega nun bo momento de forma, despois de catro semanas adestrando ben, aínda que “estamos a final de tempada e o corpo está un pouco canso”. Entre os favoritos para facerse co triunfo destacan Giulio Molinari, o eslovaco Kovacic e o bieloruso Vasilevich. En principio, o obxectivo de Dios e lograr meterse no top-10, “sería un bo posto meterse entre os dez primeiros, pero hai bastante nivel”.

As distancias no Europeo de Tríatlon de Media Distancia de Ibiza será de 1,9 quilómetros de natación na praia Embossa, 90 quilómetros de ciclismo e 21 quilómetros de carreira a pe.

2017. O pasado ano Cristóbal Dios (Tri-Penta Terras de Lugo) foi 13º do Campionato de Europa de Tríatlon de Media Distancia disputado en Herning (Dinamarca).

Quizáis che interese…

Abu Dhabi e Quarteira

Abu Dhabi e Quarteira

O venres comezaba unha fin de semana intensa seguindo os triatletas internacionais galegos....