CRISTÓBAL RODRÍGUEZ, CLASIFICADO PARA A FINAL DO MUNDIAL DE PÉNTATLON MODERNO

26 de Maio de 2016

Cristóbal Rodríguez logrou hoxe en Moscú a súa clasificación para a final do Mundial de Péntatlon Moderno. O galego fixo unha semifinal excepcional, logrando o segundo posto no seu grupo de 32 deportistas. Así, Cristóbal acadou o seu obxectivo fundamental que era entrar nesa final, pero ademais logrou facelo con nota.

O pentatleta galego foi o cuarto clasificado na esgrima, cun total de 20 vitorias e 11 derrotas, mentres que na natación ocupou a 13ª posición (329 puntos). Así, todo quedaba pendente da combinada, onde normalmente o noso deportista sufría máis. Pero no día de hoxe todo o traballo realizado nos últimos meses adestrando no Centro Galego de Tecnificación Deportivo veuse reflictido no resultado: Cristóbal fixo a novena posición (614 puntos) e acadou así a segunda posición do seu grupo cun total de 1.179 puntos.

Desta forma, o lucense logrou a clasificación para a final do sábado, na que só estarán os 36 mellores do mundo.

Resultados

Quizáis che interese…