O galego Cristóbal Rodríguez Fidalgo logrou hoxe a clasificación para a final da Copa do Mundo de Péntatlon Moderno, que se está a celebrar no Cairo (Exipto). Primeiro obxectivo acadado por Cristóbal, que destacou pola súa regularidade en todas as modalidades e logrou o 13ª posto (1.110 puntos) no seu grupo (formado por 34 pentatletas). Pola súa banda, o outro español Aleix Heredia quedou fóra da final.
Na proba de esgrima, Crístóbal fixo un gran traballo con 20 vitorias e 13 derrotas e quedou na novena posición (229 puntos). Na natación foi 19º e na combinada rematou na 18º posición. Así, coa suma de todas as probas o galego acadou a décimo terceira posición do grupo, o que lle leva á final do sábado.
A Copa do Mundo do Cairo é a primeira do ano e cun altísimo nivel, xa que os deportistas buscan a súa clasificación para os Xogos Olímpicos de Río. Cristóbal segue na loita.