CRISTÓBAL RODRÍGUEZ PARTICIPARÁ NA COPA DO MUNDO DE PÉNTATLON MODERNO DO CAIRO

24 de Febreiro de 2016

O galego Cristóbal Rodríguez Fidalgo participará a partir de mañá na primeira Copa do Mundo de Péntatlon Moderno do ano, que se celebra no Cairo (Exipto), co obxectivo de seguir sumando puntos para clasificarse para os Xogos Olímpicos de Río. Cristóbal xa se atopa no Cairo, onde hoxe se está a disputar a fase clasificatoria da proba feminina, na que participa a española Marta García-Miguel.

 

A competición comezará mañá xoves coa fase clasificatoria (forma parte do grupo C) e o obxectivo é lograr unha praza na gran final, que terá lugar o domingo. Nesta oportunidade, Cristóbal estará nesta Copa do Mundo xunto a Aleix Heredia, que no Open de España que se celebrou hai dúas semanas en Barcelona quedou por diante do galego.

 

Na Copa do Mundo do Cairo participarán un total de 201 deportistas  e haberá un altísimo nivel competitivo, con grandes deportistas que buscarán puntos para o ránking, xa pensando nos Xogos Olímpicos de Río.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.