CRISTÓBAL RODRÍGUEZ DISPUTARÁ MAÑÁ A SEMIFINAL DO EUROPEO DE PÉNTATLON MODERNO

7 de Xullo de 2016

Cristóbal Rodriguez Fidalgo disputará mañá a semifinal do Campionato de Europa de Péntatlon Moderno, que se disputa en Sofia (Bulgaria). O obxectivo do noso deportista é acadar a clasificación para a final, que se celebrará o domingo.

O lucense logrou a clasificación para a final do Mundial coa segundo mellor puntuación de todos os participantes, pero na final estivo máis frouxo polo que agora o obxectivo é ter unha actuación máis regular neste torneo.

Cristóbal está bastante animado polo estado de forma das últimas semanas, na que se atopa moito mellor. Hai un par de semanas acadou o título de campión galego de esgrima e a semana pasado o título de Campión de España de Laser Run.

A Bulgaria viaxou xunto a adestradora galega Ruth Ballesteros,

Quizáis che interese…