CRISTÓBAL RODRÍGUEZ E RAÚL BLANCO, NA FINAL DO OPEN DE PORTUGAL

12 de Decembro de 2015

Cristóbal Rodríguez e Raúl Blanco cumpriron o seu primeiro obxectivo no Open de Portugal de Péntatlon Moderno, que se está a disputar esta fin de semana en Coimbra. Ambos lograron clasificarse para a final, que se celebrará mañá e na que só estarán os oito mellores deportistas. Cristóbal rematou a proba de hoxe (despois de facer esgrima, natación e combinada) na terceira posición, mentres que Raúl ocupou a oitava.

Cristóbal foi o mellor na natación, segundo en esgrima e moi discreto en combinada, sumando un total de 1.150 puntos. Pola súa banda, Blanco comezou na esgrima coa sexta posición (empatado a puntos co sétimo e oitavo), para despois ocupar a décima posición trala natación e remontar dous postos na combinada e así clasificarse para a final de mañá.

Quizáis che interese…