CRISTÓBAL RODRÍGUEZ, NA COPA DO MUNDO DE PÉNTATLON MODERNO DE RÍO

10 de Marzo de 2016

O galego Cristóbal Rodríguez Fidalgo participará a partir de mañá na segunda Copa do Mundo de Péntatlon Moderno de 2016, que se celebra en Río (Brasil). O obxectivo fundamental sumar puntos para clasificarse para os Xogos Olímpicos deste verán, que precisamente se disputarán en Río. Hoxe estase a disputar a fase clasificatoria feminina, na que participa a española Marta García-Miguel.

A competición para Crístóbal comezará mañá venres coa clasificatoria e o obxectivo é lograr unha praza na gran final, que terá lugar o domingo. Cristóbal estará nesta Copa do Mundo xunto a Aleix Heredia, que actualmente está por detrás (pero moi preto) na loita pola praza olímpica, polo que o noso deportista debe quedar por diante do catalá na clasificación.

Na Copa do Mundo do Brasil participarán un total de 187 deportistas  e haberá un altísimo nivel competitivo, xa que estarán case os mesmos deportistas que participaron na primeira Copa do Mundo no Cairo.

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.