CRISTÓBAL RODRÍGUEZ PARTICIPARÁ ESTA FIN DE SEMANA NA COPA DO MUNDO DE BUDAPEST DE PÉNTATLON MODERNO

14 de Abril de 2016

O galego Cristóbal Rodríguez Fidalgo (Tri-Penta Terras de Lugo) participará mañá na semifinal da Copa do Mundo de Hungría (Budapest) de Péntatlon Moderno, buscando o pase para a final. Está é a cuarta Copa do Mundo da tempada e Cristóbal chega a proba como primeiro español no ranking mundial e olímpico.

Pero o noso deportista non chega nas mellores condicións de competir. O galego non puido adestrar con normalidade a pasada semana, por culpa dun forte arrefriado con febre, que o tivo parado algúns días. Mesmo barallou a posibilidade de non viaxar a Budapest, pero a clasificación olímpica está en xogo polo que decidiron arriscar.

Maña celebrarase a semifinal, na que os deportistas realizan as probas de natación, esgrima e combinada, buscando unha praza na final do domingo. Ademais, Cristóbal disputará a proba de relevos, a primeira do ano para o lucense.

 

 

Quizáis che interese…

BO NADAL!

BO NADAL!

A Federación Galega de Tríatlon quere desexarvos unhas felices festas e  un próspero...