CRISTÓBAL RODRÍGUEZ PARTICIPARÁ ESTA FIN DE SEMANA NO OPEN DE BUDAPEST DE PENTATLÓN MODERNO

15 de Xaneiro de 2015

O galego Cristóbal Rodríguez Fidalgo (Tri-Penta Terras de Lugo) participará este domingo 18 no Open de Budapest de Pentatlón Moderno, primeira proba importante da tempada 2015. O galego, actual campión de España, foi convocado polo seleccionador español, xunto a Aleix Heredia e Marta García.

O pasado ano, na proba da Copa do Mundo de Budapest, o galego logrou a novena posición, no que foi o seu mellor resultado a nivel internacional. Cristóbal enfronta a competición con moita ilusión e nun bo estado físico e sabedor das dificultades: Na proba de esta fin de semana están os cen mellores deportistas do mundo, xa que este ano é vital para a clasificación olímpica.

Categorías menores. Os máis pequenos competirán en Portugal e na vila de Vilarreal. O sábado 17, a partires das 10:30 horas (en Portugal), celebrarase unha competición  de pentatlón das categorías menores (benxamín, alevín, infantil e cadete).

O equipo galego está formado por sete deportistas:

  • Categoría benxamín: Óscar López.
  • Categoría alevín:Claudia Gámez.
  • Categoría infantil: Martín Freije, Lucas Pena e Andrea Vidal.
  • Categoría cadete: Manuel  Sotelo e Javier Pena.

A fronte da selección viaxará a adestradora e responsable técnica de Pentatlón Moderno, Ruth Ballesteros.

 

 

Quizáis che interese…