CRISTÓBAL RODRÍGUEZ PARTICIPARÁ NA COPA DO MUNDO DE PENTATLÓN MODERNO DE EXIPTO

2 de Abril de 2014

O galego Cristóbal Rodríguez Fidalgo participará a partir de mañá na Copa do Mundo de Pentatlón Moderno de Exipto, co obxectivo de facer un bo papel nesta importante competición. O deportista xa se atopa no Cairo, despois de viaxar xunto a Ruth Ballesteros, a seleccionadora galega de Pentatlón.

A competición comezará mañá xoves coa fase clasificatoria e o obxectivo é lograr unha praza na gran final, que terá lugar o sábado.Nesta oportunidade, Cristóbal será o único representante español nunha proba da Copa do Mundo, xa que Marta García está lesionada e Aleix Heredia non acudirá por decisión técnica.

Cristóbal tamén participou na proba da Copa do Mundo de Acapulco (México) que tivo que ser suspendida, polas malas condicións nas que se atopaban os cabalos, que puña en peligro a integridade física tanto dos animais coma dos deportistas. O galego lograra a clasificación para a fase final facendo unha moi boa competición.

Quizáis che interese…