CRISTÓBAL RODRÍGUEZ, RÁUL BLANCO E ANDREA VIDAL PARTICIPARÁN ESTA FIN DE SEMANA NO MUNDIAL DE “LASER RUN”

2 de Setembro de 2016

Galicia participará esta fin de semana, con Cristóbal Rodríguez, Raúl Blanco e Andrea Vidal, na segunda edición do Campionato do Mundo de Laser Run que se está a celebrar en Lisboa (Portugal).

A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno despraza a Portugal a Cristóbal Rodríguez na categoría sénior, a Raúl Blanco en júnior e a Andrea Vidal en cadete. Galicia competirá na proba individual, que se celebrará o sábado, e na de relevos masculinos, que será o domingo.

Neste mundial os participantes realizarán dúas das especialidades do péntatlon: Deberán correr e disparar. Os deportistas terán que realizar catro voltas de 800 metros e ao remate de cada unha teñen que facer unha tirada (de cinco tiros). O sábado pola mañá celebraranse as semifinais e pola tarde, a final.

Ano 2015. A galega Aroa Freije acadou a medalla de prata no primeiro Campionato do Mundo de Laser Run, que se celebrou  o pasado ano en Perpignan (Francia).

Quizáis che interese…

BO NADAL!

BO NADAL!

A Federación Galega de Tríatlon quere desexarvos unhas felices festas e  un próspero...